A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona abre a partir do vindeiro luns 6 de marzo o prazo solicitar praza para participar no programa de conciliación de Semana Santa 2023. Nesta edición ofértanse 36 prazas.
As bases poden solicitarse ao enderezo electrónico cim@baiona.gal, recollelas no Centro de Información á Muller ou descargalas do taboleiro virtual ou a continuación.
Para máis información poden contactar no teléfono 986 35 75 54.
A continuación, pode descargarse a documentación e anexos:
BASES PROGRAMA CONCILIACION SEMANA SANTA 2023
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal