O Multiusos Mercado de Sabarís acolleu esta tarde o acto central do 8M, Día Internacional da Muller, do Concello de Baiona.
A Concellería de Igualdade organizou nesta data sinalada a inauguración da exposición “Achegas, Mulleres na Axenda”, a inauguración da exposición das fotografías e as historias das mulleres de Baiona que forman parte do bonito proxecto das Axendas Igualitarias realizadas por esta concellería.
No acto interviron o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a Concelleria de Igualdade de Concello de Baiona, e nel participaron un ampla representación das mulleres que forma parte das axendas así como dos seus familiares. Tamén acudiron a inauguración diferentes colectivos da Vila. A xornada foi amenizada polas Pandereteiras de Monte Boi.
Tamén se fixo unha conexión en directo coa vila irmá de Pornic para facer un pequeno intercambio entre os actos do 8M programados polas Concellerías de Igualdade de ambos consistorios.
Entre finais de febreiro, todo o mes de marzo e principios do mes de abril, levaranse a cabo toda unha serie de actividades que foran parte dunha programación que co 8 de marzo como escenario, a concelleira, lembra “a importancia que ten traballar a diario en favor da igualdade en base a políticas que ofrezan respaldo a mulleres como as que se recollen no Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes do Concello de Baiona 2019-2023.” Accións que sexan tamén extensivas a toda a cidadanía porque “ a igualdade é cousa de toda unha sociedade” e é preciso traballar en conxunto con estratexias que abarquen a todas as idades e colectivos, con accións específicas para cada sector “e que todas teñan un fío condutor, unha sociedade comprometida coa igualdade”, sinala Moreira Costas.
Por iso, desenvolveranse diversas actividades cuxo obxectivo xeral é promover a consecución da igualdade real e efectiva entre as mulleres e os homes no ámbito escolar e cultural e previr a violencia de xénero.
Aplicando a transversalidade de xénero, sen limitarse a un so contexto ou plano de actuación, para traballar na sensibilización en Igualdade e a prevención da violencia machista desde os distintos campos, a “Primavera Lila” integra toda unha serie de actividades enfocadas a distintos tipos de públicos.
A “Primavera Lila” complétase coas seguintes actividade sno Multiusos Mercado de Sabarís:
Venres, 10 de marzo:
Obradoiro “Rir as penas. Risoterapia”, en colaboración coa Asociación de viúvas de Baiona “Mercedes de la Escalera”.
Obradoiro “Cóidate. A importancia do autocoidado”, en colaboración coa Asociación de Amas de Casa de Baiona.
Sábado, 11 de Mazo:
Espectáculo familiar “Cinema de historias da man de Alice Guy (A nai do cinema”, Raquel Queizás, nenos e nenas a partir de 5 anos.
Sábado, 18 de Marzo:
Contacontos “A lavandeira e as pitas”, Cris de Caldas.
Domingo, 19 de Marzo:
Obradoiro “Ponte en defensa. Como recoñecer o acoso infantil para actuar”, en colaboración coa Asociación motorista P.I.C.A. protección á infancia contra o abuso.
Obradoiro “Marca un gol para a igualdade”,en colaboración co clube Baíña fútbol sala. Baíña Sirius fútbol sala.
Domingo, 25 de Marzo:
Teatro “Roedores”, Redrum Teatro, espectáculo familiar.
A programación complétase co programa “Con Voz Propia”, a Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información á Muller(CIM), volve apostar por esta actividade, trátase dunha intervención psicopedagóxica na que a práctica vocal (coral e solista) utilízase para incrementar o empoderamento das mulleres.
O programa desenvolverase os mércores en horario de mañá de 10:00h a 13:00h no Multiúsos Mercado de Sabarís. A actividade comezará o vindeiro mércores 15 de marzo e estenderase ata o mércores 3 de maio. Na metodoloxía está previsto o ensino das habilidades de base do canto, utilizando o método de Maga de Voz. Ao mesmo tempo utilizaranse moitos recursos da musico-terapia, a danza-terapia e a drama-terapia para fomentar a libre expresión o arraigamento e empoderamento do corpo e a voz das participantes. Ademais traballarase coas letras das cancións para re-enfocar a visión do percorrido vital.
As actividades están financiadas pola Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos Línea 2.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal