A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Atención á Muller, presenta o programa de Conciliación Semana Santa 2022 é un Programa do Concello de Baiona promovido pola Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información á Muller, que ten como obxectivo promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral. A actividade é cofinanciada pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2022(Liña 2).
O programa desenvolverase nas seguintes datas: 11, 12,13 e 18 de abril de 2022 no CPI Cova Terreña en horario de 8:00 a 15:00 h. se ben por necesidade das persoas proxenitoras, poderán acceder ao programa de 8:00 a 9:00 h. e saír de 14:00h. a 15:00 horas, sempre que o sinale na solicitude.
O prezo público a pagar polas persoas usuarias do Programa de Conciliación Semana Santa 2022 é de 25€ praza, aprobado pola Xunta de Goberno Local na sesión do 18/11/2021 . Existen bonificacións para certas circunstancias e situacións (consultar convocatoria).
Requisitos mínimos para participar no Programa
Unha das persoas proxenitoras ou titoras deben estar empadroadas no municipio con data anterior á convocatoria. (non é necesario acreditalo. O Concello de Baiona verificará que a persoa solicitante está empadroada no municipio), que a nena ou neno para o que se solicite praza había estivese escolarizado/a en o curso escolar 2021-2022 nun centro educativo do municipio de Baiona ou que aínda non estando empadroados ningunha das persoas proxenitoras no municipio traballen en Baiona.
• Nacer entre o ano 2010 e 2018.
As persoas interesadas en participar na convocatoria deberán presentar a solicitude de inscrición (Anexo I) debidamente cumprimentada e asinada, xunto coa documentación requirida no punto 8 destas bases dende o venres 18 ao luns 28 de marzo , ámbolos dous incluídos ,no rexistro de entrada do Concello de Baiona de luns a venres en horario de 9:00h. a 14:00h. ou a través da sede electrónica do Concello de Baiona ata as 14:00 horas do luns 28 de marzo.
As bases da Convocatoria están dispoñibles a continuación:
Para máis información: Centro Municipal de Información á Muller. Tlfno.: 986 35 75 54 ou no enderezo electrónico cim@baiona.gal
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal