A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocaron conxuntamente a 6ª edicióon do concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e Antonio, Emma, Laura e Xenxo alumnado do CPI Cova Terreña de Baiona, obtiveron o 2º Premio na categoría de 3 a 10anos.
O CPI DE Cova Terreña celebrou o 8M co seu alumnado de 4º Ed.Primaria un acto de recoñecemento dos alumnos e alumnas gañadores do VI Concurso de carteis 8M: Antonio, Emma, Laura e Xenxo.
O acto de recoñecemento , no salón de actos do centro educativo, contou coa presenza do Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado e coa Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Dona Yasmina Moreira.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal