O Auditorio V Centenario acollerá o vindeiro sábado 16 de novembro ás 20:00 horas a representación teatral “As que limpan” da compañía galega “A Panadaría”, unha obra satírica con forte carácter reivindicativo . “As que limpan” que conta xa con sete premios, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos, destacando a precarización no sector turístico e a brecha de xénero en traballos de limpeza e coidado. Fronte a elas a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai que nunca limpa un váter e hai quen limpa 500 ao mes.
A representación enmárcase na programación Baiona Lila organizada pola área de igualdade do Concello con motivo do 25 de novembro.
A concelleira responsable, Sheila González Martíns informa de que para acceder ao evento é imprescindible posuír entrada, que a partir de mañá venres 1 de novembro, pódense descargar de forma gratuíta a través de despacho de billetes.baiona.gal
PREMIOS “As que limpan”
– Premio do Público na Mostra de Teatro Galego de Cariño 2022
– Premio a Mellor Espectáculo de Sala na Feria de Teatro de Castilla y León 2022
– Premio María Casares a Mellor Espectáculo 2023
– Premio María Casares a Mellor Dirección 2023
– Premio María Casares a Mellor Texto Orixinal 2023
– Premio María Casares a Mellor Actriz Protagonista (Noelia Castro) 2023
– Premio do público da Mostra Internacional de Ribadavia 2023
A continuación, pode descargar a entrada para gozar da representación teatral gratuíta: