
O Concello de Baiona, abre o prazo para presentar a solicitude para participar na escola de verán. Aquelas persoas interesadas poden facelo dende o xoves 30 de abril ata o xoves 14 de maio, no Rexistro xeral do Concello de Baiona de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 ou a través da sede electrónica do Concello de Baiona.
As bases da convocatoria poden descargarse nesta páxina web, no taboleiro de anuncios ou recoller no Rexistro Xeral do Concello . Poden solicitarse ademais a través do enderezo electrónico cim@baiona.gal
A escola de verán está cofinanciada pola Deputación de Pontevedra, no marco da liña dúas do Plan Maís Provincia 2026.
A continuación pode descargarse as Bases da Convocatoria, o Anexo I e Anexo II:
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal





