A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, continua coa súa colaboración co programa de formación “Galegas dixitais “ un programa de formación para a dixitalización das mulleres. O programa, é totalmente gratuíto promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e financiado a través dos fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea está organizado por Beproyect Consultores e Ara Formación. O principal obxectivo é mellorar as capacidades dixitais de mulleres que se atopan en situación de desemprego ou en mellora de emprego. Preténdese favorecer a capacidade de empregabilidade, impulsar o emprendemento e desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero .
Yasmina Moreira, concelleira da área de igualdade, sinala que despois da primeira edición do curso , hai mulleres interesadas en recibir esta formación, por iso, considera que unha segunda edición é necesaria no municipio para dar resposta ás súas demandas . É unha oportunidade que lles da ferramentas para adaptarse a un mundo cada vez máis dixitalizado.e que sen dúbida mellorará a súa empregabilidade”.
As participantes na iniciativa realizarán un itinerario formativo deseñado para avanzar en tres niveis : dende o básico de competencias dixitais ata un grado máis avanzado que ademais permitirá as mulleres iniciarse se así o desexan , en competencias dixitais para o emprendemento.
A formación está agrupada nos seguintes bloques temáticos :
Competencias dixitais básicas con 40 horas de duración
Competencias dixitais avanzadas con 40 hora de duración
Competencias dixitais para o emprendemento con 40 horas de duración
O programa desenvolverase dende primeiros de febreiro de luns a venres horario de 9:00 a 14:00 horas no centro cultural Angel Bedriñana. Xunto co material didáctico e co obxectivo de facer posible o uso das novas tecnoloxías tras a formación, e co obxectivo de facer posible o uso das novas tecnoloxías, as alumnas participantes serán obsequiadas cun ordenador portátil co que poderán por en práctica o aprendido .
As mulleres interesadas deberán presentar a súa solicitude no CIM de Baiona en horario de 9.00 a 14.00 horas ata o 27 de xaneiro. De luns a venres e aportar fotocopia DNI , tarxeta de desemprego ou tarxeta de mellora de emprego.
Para máis información poden contactar no teléfono 986 35 75 54 ou a través do enderezo electrónico cim@baiona.gal
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal