Baiona acolleu o cuadragésimo sexto congreso rexional de viúvas de Galicia no que participaron maís dunha ducia de asociacións a nivel autonómico e máis de 200 mulleres.
Despois de levar a cabo a recepción das diferentes agrupacións tivo lugar a asemblea no auditorio V Centenario cuxo tema principal foi o rol das mulleres viúvas. No relatorio interviñeron a presidenta da Asociación de Baiona, Ramona Marcote Álvarez, e a presidenta da Federación Galega, Aurora Carro Páramo, na que reiteraron que a verdadeira crise que sofre toda muller cando perde á súa parella é o feito de afrontar a viuvez. O doutorado en historia e cronista oficial de Baiona, Anxo Rodríguez Lemos, participou no evento cunha conferencia que tivo por título “Ser viúva a orillas do atlántico”.
O acto de clausura contou coa intervención de diversas personalidades políticas tales como o alcalde en funcións Carlos Gómez Prado e a Conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza, que pechou o acto. O broche de ouro ao congreso púxoo púxoo a actuación sorpresa de “Cantares de Taberna” de Baiona.
O acto comezou na praza de Santa Liberata onde a Presidenta de Baiona, Ramona Marcote Álvarez, e as demais socias recibiron ao resto de asociacións. Máis tarde celebrouse unha misa na excolegiata de Santa María.
Ao finalizar a asemblea no auditorio baionés, levou a cabo unha comida de confraternización no restaurante Glasgow para máis tarde continuar cunha reunión entre as presidentas e secretarias das asociacións presentes e a presidenta da Federación Galega de viúvas.
O congreso rexional de viúvas de Galicia organizouse coa estreira colaboración entre Concellería de Igualdade do Concello de Baiona e a dirección do CIM. A Concelleira de Igualdade en funcións, Yasmina Moreira Costas, e a Directora do centro de Información á Muller de Baiona, atopábanse entre ou público. Tamén contou coa colaboración da artista Irene Silva Xiráldez. Asimesmo, o evento tamén contou coa colaboración da Xunta de Galicia.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal