Co fin de xullo , a escola de verán chega ao seu fin. Máis dun centenar de nenos e nenas participaron na escola de verán que nesta edición cumpriu 15 anos desde a súa posta en marcha, incrementando os días do servizo de conciliación, xa que se iniciou o 24 de Xuño, dando resposta ás demandas das familias.
Os e as menores recibiron a visita da concelleira de Igualdade, Sheila María González Martíns. Ademais das actividades que realizaron nas instalacións municipais onde se desenvolve o servizo, os e as participantes visitaron o mercado de abastos, a casa da navegación, o viveiro de Sabarís, a carabela pinta, realizaron saídas á praia e a outras zonas da contorna próxima.
A franxa de idade máis demandada no servizo nesta edición foi a de menores de entre 6 e 9 anos que supuxo un 37,93%, seguida da franxa entre 3 e 5 anos cuxa participación foi dun 31,04% e finalmente a de 9 e 12 anos que supuxo un 31,03%.
O servizo cumpre dobre función: promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral.
A iniciativa é organizada pola área de igualdade a través do centro da muller e está cofinanciada pola Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do plan MAIS PROVINCIA