
O Auditorio V Centenario acollerá o domingo 23 de marzo ás 17:00 horas, o espectáculo BULEBULE da compañía Náufragos Teatro. Dirixido a público familiar a partir de 4 anos e cunha duración de 45 minutos.
Trátase dunha obra que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo de mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións. Bulebule é unha obra de teatro que combina emoción, valores e reflexión para contar a historia de Candela, unha nena soñadora cun obxectivo ambicioso: construír o seu propio barco e converterse na súa patroa, todo mentres enfronta os desafíos de ter TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade).
A través dunha narrativa cargada de simbolismo, a obra non só visibiliza as dificultades que atopan as mulleres para alcanzar certos soños nunha sociedade que aínda lida con desigualdades, senón que tamén celebra a diversidade e a importancia de valorar as diferenzas.
O espectáculo é gratuíto, pero é preciso acceder con entrada que se pode descargar en despacho de billetes.baiona.gal
A actividade enmárcase no programa Baiona Lila subvencionado pola Deputación de Pontevedra no marco da liña dúas do Plan Más Provincia 2025.
Concello de Baiona





