
Este domingo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Multiusos de Sabaris acollerá ás 17:00H da tarde, a “Gala Cirqueiras”, unha actividade destinada a público familiar a partir de 3 anos.
Será un espectáculo único que reúne a catro artistas de circo e clown e á narradora oral Vero Rilo en 60 minutos de emocións e espectáculos sorprendentes; non só é unha exhibición de talento senón un acto de empoderamento feminino.
O elenco de Cirqueiras está composto por algunhas das mellores artistas galegas, que farán da gala algo espectacular:
Raquel Veganzones, trapecista e artista de circo vinculada ao circo contemporáneo en Galicia e España.
Malala Ricoy, artista de circo, actriz, clown e creadora escénica galega cunha traxectoria versátil que combina técnicas circenses, improvisación, monólogos e humor para público de rúa e sala.
Ana Cuervas, artista de circo, creadora e produtora que forma parte, xunto con Santiago Montero, da compañía para A Vela Circo, un proxecto artístico que combina circo, poesía, humor e metafórica inspirada no absurdo e no caos sendo reflexivo.
Lila Star, artista de circo e espectáculo galega asociada á compañía Sen Triz, destacada polo seu traballo en números de equilibrio, clown, acrobacias e humor na rúa e en teatros.
A gala estará conducida por Vero Rilo, unha presentadora cun carisma inconfundible que lle engade unha nota especial ao espectáculo. A súa práctica está influída por temas como o feminismo, a memoria histórica, a tradición oral e a resistencia cultural, e tamén forma parte da Asociación de Narración Oral Galega (NOGA).
Cirqueiras busca promover un discurso feminista que vai máis aló do elenco feminino. Cada número está deseñado para desafiar estereotipos, romper barreiras e mostrar ás mulleres como protagonistas fortes e resilientes.
O espectáculo é gratuíto e de acceso libre ata completar aforo. Está subvencionado pola Deputación de Pontevedra no marco da liña dúas do Plan Más Provincia.
Concello de Baiona





