
300 nenos de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria participan na actividade que percorre todos os centros educativos do municipio de Baiona a través da narradora Raquel Queizás.
A narradora Raquel Queizás, iniciou onte o percorrido polos centros educativos do municipio coa actividade “Dámoslle á volta ao conto” dirixida ao alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria de todos os centros educativos municipais.
É un espectáculo de contos tradicionais de diferentes culturas e historias de vida con obxectos e monicreques que busca desmontar roles e estereotipos sexistas. A autora transmite historias que recolle da tradición oral e experiencias vitais como as da súa avoa.
Onte a narradora visitou o CEIP de Fontes, hoxe o CEIP de Belesar e a galescola de Baiona co espectáculo Nano e Dana cuxo obxectivo principal é promover a igualdade nas relacións entre nenas e nenos, @teniendo en cuenta as diferenzas, analizando conxuntamente os roles e modelos de xénero igualitarios e previndo a adquisición de estereotipos e prexuízos sexistas desde idades temperás.
Mañá xoves visitará a EEI o Areal e o CEP de Sabarís e o venres finalizará no CPI Cova Terreña.
Esta actividade forma parte da programación Baiona Lila que desenvolve a concellería de igualdade, que dirixe Sheila González Martins para promover a igualdade e previr as violencias machistas desde as primeiras etapas da educación e enmárcase no programa de Sensibilización en igualdade e prevención da violencia machista subvencionado pola Deputación de Pontevedra.
Concello de Baiona





