A Concellería de igualdade do Concello de Baiona, abre o prazo para inscribirse no curso de defensa persoal feminina que se celebrará o sábado 23 de novembro en horario de mañá e tarde cunha duración de 8 horas.
O curso inclúe unha parte teórica e outra práctica que se desenvolverá conxuntamente para que a formación sexa máis dinámica. Traballaranse conceptos psicolóxicos tanto da vítima como do agresor e do código penal.
Isto consiste nun adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións de violencia de xénero. Traballarase ademais todo tipo de prevención para situacións de risco que nos leven a evitar todo tipo de enfrontamento físico, pero si este non é evitable aprenderemos un amplo abanico de técnicas como poden ser defensa ante un ataque ou agarre ao peito ou ao pelo o aun ataque con arma branca. A finalidade do curso é que a muller teña ferramentas suficientes para sentirse segura nunha situación de risco en todos os ámbitos da súa vida.
A actividade é gratuíta, foi solicitada polo Concello de Baiona a través da área de igualdade, á Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a violencia de xénero no marco do acordo de colaboración asinado coa Federación galega de Municipios de provincias de Galicia para a conformación da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero na que está integrada o Concello de Baiona.
Aquelas persoas interesadas en inscribirse deben enviar ao enderezo electrónico do Centro de Información á Muller cim@baiona.gal os seguintes datos: nome e apelidos, teléfono de contacto e número de DNI.
Para máis información poden contactar no teléfono 986 35 75 54.