Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita o maltrato”, organizada polo Concello de Baiona, a través da concellería de igualdade no marco do programa “Baiona Lila” que se desenvolve ao longo de todo o mes de novembro, e está cofinanciado pola Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Más Provincia .
A concelleira de igualdade,Sheila González Martins quixo coñecer de primeira man o desenvolvemento da actividade no centro, e comprobar como dunha maneira lúdica e amena a través do xogo transmítense valores igualitarios, de traballo en equipo e coñecementos tanto conceptuais como actitudinais sobre a violencia de xénero.
Todo o alumnado que cursa no IES a ESO participa esta semana na actividade, que chegará ao CPI Cova Terreña o próximo 26 e 27 de novembro.