
O vindeiro domingo 29 de marzo ás 17.00 horas, o Multiúsos de Sabarís acollerá o espectáculo teatral “Iriña bailarina” de Ghazafelhos, unha proposta para reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles e os estereotipos sociais a través dunha fermosa e divertida proposta.
Iriña bailarina axexa na ruptura de roles de xénero a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que desexa por poder saír e xogar ao futbolín ou ser pirata e modificar a súa propia sorte ou fado.
Dirixida a público familiar, recomendada a partir de catro anos, a actividade é gratuíta; enmárcase na programación Baiona Lila, organizada pola concellería de igualdade e cofinanciada pola Deputación de Pontevedra, no marco da liña dúas do Plan Más Provincia 2026.
Concello de Baiona





