A presidenta de Femupo, Raquel Touriño, xunto coa Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira Costas, mantiveron unha reunión con mulleres de Baiona para informalas dapuesta en marcha do Plan Corresponsables na localidade, un proxecto para favorecer a conciliación de familias con menores dende un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.
A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona colabora con a Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) que activará a finais de este mes a primera acción do Plan Corresponsables en Baiona. Esta primeira actividade será a posta en marcha da acción formativa de manipulación de alimentos. Tamén levaránse a cabo outras accións de formación encamiñadas a un futuro recoñecemento da experiencia laboral das mulleres, como por exemplo; primeiros auxilios, competencias básicas ou competencias dixitais.
“Para Femupo supón un gran impulso como federación xa que nos converte na agrupación social e feminista referente do Plan Corresponsables na provincia de Pontevedra,” declara Raquel Touriño, presidenta de Femupo. “Isto vainos facilitar medios para levar a cabo multitude de accións por toda a provincia e así expandir a nosa filosofía de traballo co obxectivo de acadar a igualdade das mulleres.”
Un dos principais eixes do Plan Corresponsables Femupo é a formación gratuíta para que as mulleres poidan acceder ao Certificado de profesionalidade no coidado de menores de ata 16 anos. O Plan contempla ademais a creación dun censo laboral que se porá a disposición de empresas e administracións que busquen persoas dispostas a traballar no coidado de menores
Con esta iniciativa, búscase favorecer que mulleres poidan acceder a empregos de calidade nos seus lugares de residencia ou exercer profesionalmente unha actividade que viñan desempeñando de maneira non formal.
“Temos que ser conscientes de que hoxe en día conciliar o traballo cos coidados familiares supón facer malabares. Hai que investir e educar para facer real a corresponsabilidade de maneira que os coidados se compartan e deixen de ser cargas na vida familiar,” comenta Touriño.
O acordo enmárcase na aposta da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona pola conciliación e a corresponsabilidade e a creación de emprego de calidade.
As persoas que desexen participar neste programa formativo poden anotarse chamando ao Centro de Información á Muller de Baiona (CIM) no 986 35 75 54.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal