O Multiusos Mercado de Sabarís acolleu a clausura do programa “Con Voz Propia”, unha actividade posta en marcha pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller.
Una intervención psicopedagóxica no que a práctica vocal (coral e solista) se utiliza para incrementar o empoderamento das mulleres na que participaron vecinñas do municipio.
“Con Voz Propia” desenvolveuse no Multiusos Mercado de Sabarís ao longo do mes de abril e maio os mércores en horario de mañá . Na metodoloxía estivo previsto o ensino das habilidades de base do canto, utilizando o método de Maga de Voz . Ao mesmo tempo utilizaráronse moitos recursos da musicoterapia, a danzaterapia e a dramaterapia para fomentar a libre expresión o arraigamento e empoderamento do corpo e a voz das participantes. Ademáis se traballou coas letras das para reenfocar a visión do percorrido vital.
A cabalo entre a canto-terapia e a aula de música común, o programa combinou as estratexias propias do ensino convencional do canto co enfoque musicoterapéutico, facendo da expresión musical un vehículo para a expresión emocional,.
Este proxecto parte do presuposto de que a aprendizaxe de canto, como conxunto de técnicas e habilidades vocais e musicais unidas á expresión de emocións auténticas, pode incrementar a seguridade e a confianza, axudando na descuberta e valorización de sí e da/s outra/s, favorecendo a inclusión e mellorando a propia estima e realización.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal