Tralo éxito do ano pasada do programa “Con Voz Propia”, a Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información á Muller(CIM), volve apostar por esta actividade, trátase dunha intervención psicopedagóxica na que a práctica vocal (coral e solista) utilízase para incrementar o empoderamento das mulleres. A Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, deu a benvida as participantes na actividade.
O programa iniciouse hoxe e desenvolveráse os mércores en horario de mañá de 10:00h a 13:00h no Multiúsos Mercado de Sabarís. A actividade estenderase ata o mércores 3 de maio. Na metodoloxía está previsto o ensino das habilidades de base do canto, utilizando o método de Maga de Voz. Ao mesmo tempo utilizaranse moitos recursos da musico-terapia, a danza-terapia e a drama-terapia para fomentar a libre expresión o arraigamento e empoderamento do corpo e a voz das participantes. Ademais traballarase coas letras das cancións para re-enfocar a visión do percorrido vital. UN total de 15 mulleres de Baiona participan nesta actividade.
A cabalo entre a canto-terapia e a aula de música común, o programa combina as estratexias propias do ensino convencional do canto co enfoque musico-terapéutico, facendo da expresión musical un vehículo para a expresión emocional. Este proxecto parte do presuposto de que a aprendizaxe de canto, como conxunto de técnicas e habilidades vocais e musicais unidas á expresión de emocións auténticas, pode incrementar a seguridade e a confianza, axudando na descuberta e valorización de si mesmas e da/s outra/s, favorecendo a inclusión e mellorando a propia estima e realización.
“Estas acción levadas a cabo polo departamento de Igualdade supoñen pasos cara adiante na vida das mulleres de Baiona, son de axuda para reforzar a súa autoestima e coñecemento.”, sinala a Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal