A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona avanza no seu compromiso pola igualdade e contra a violencia de xénero. Para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mujeres, o Concello organiza unha marcha con saída desde o Parador ás 11:45H. con destino a praza do Concello de Baiona que acollerá o acto central de conmemoración ambientado cunha performance do alumnado do CPI de Cova Terreña.
A Concellería de Igualdade,con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, veu desenvolvendo ao longo de novembro, todo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no Concello de Baiona baixo o nome de “Baiona Lila”.
O Concello anima a toda a veciñanza a participar o propio 25 de novembro nestas actividades que culminarán coa lectura dun manifesto aprobado pola Corporación Municipal no pleno deste mes de novembro poñendo así fin á programación “Baiona Lila” organizada polo Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal