
O Auditorio V Centenario acollerá o vindeiro sábado 8 de novembro ás 20.00 horas o Monólogo “Chegar e encher”, creado e e interpretado por Bea Campos; un espectáculo que mestura narración oral, cabaré e improvisación para reflexionar sobre as expectativas sociais, os roles de xénero e a beleza do fracaso.
Cun formato íntimo e directo, convértese nunha experiencia teatral tan divertida como reveladora. Pasen e vexan… esta muller que está no escenario era unha nena adorable que tiña todo o que precisaba para ser feliz… pero que nalgún momento tomou decisións que a afastaron dese camiño para levala sobre as táboas dos escenario
Chegar e encher é unha ácida e divertida reflexión sobre a imposibilidade de controlar as nosas vidas e a dificultade de encaixar nos roles de xénero marcados.
O espectáculo que é gratuito enmárcase na programación Baiona Lila, organizada pola Concellería de Igualdade. As entradas poden descargarse a partir do vindeiro mércores 29 de outubro en taquilla.baiona.gal
Concello de Baiona





