Ao longo de toda a semana desenvólvense no CPI Cova Terreña distintos talleres de educación sexual dirixidos a todo o alumnado que cursa a etapa de educación primaria. O programa que se implanta en 20 aulas cunha duración de dúas horas en cada unha e adaptado ás diferentes idades, é impartido por Amaturi.
A concelleira de Igualdade, Sheila González Martíns, achegouse ao centro para coñecer in situ o desenvolvemento da actividade da que se benefician 174 alumnos e alumnas, adquirindo coñecementos conceptuais, actitudinais e procedementais relacionados co tema.
A actividade enmárcase no programa Baiona Lila que promove a concellería de igualdade e está cofinanciado pola liña dúas do Plan Más Provincia da Deputación de Pontevedra.
Concello de Baiona