O alumnado do ciclo de Animación Sociocultural e Turística do IES 1° de Marzo visitou as instalacións do Centro de Información á Muller de Baiona para coñecer de primeira man os servizos que ofrece este departamento a cidadanía.
Así mesmo, o alumnado, que acudio acompañado por profesado, tamén realizou unha visita ao Centro Multiuosos Ángel Bedriñana. Os rapaces e rapaces mostráronse moi ineteresados en realizar un proxecto para desenvolver neste espazo municipal.
Durante este mes o estudantado do ciclo de Animación Sociocultural e Turística do IES 1° de Marzo fará visitas a distintas entidades da comarca para coñecer “in situ” distintos recursos existentes.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal