
A actividade, gratuíta e dirixida a mulleres maiores de 18 anos, desenvolverase do 3 de novembro ao 17 de decembro no Multiúsos de Sabarís.
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade, abre o prazo de inscrición para participar nun obradoiro de pilates terapéutico dirixido a mulleres maiores de 18 anos. A iniciativa enmárcase na programación Baiona Lila e nas actuacións do V Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes de Baiona.
O obradoiro ten como obxectivo favorecer o benestar integral das mulleres e promover o coidado da saúde física mediante a práctica de exercicio adaptado, contribuíndo á adquisición de hábitos saudables e á mellora da calidade de vida.
A actividade será impartida por Uxía Cazorla e terá lugar no Multiusos de Sabarís desde o martes 3 de novembro ata o xoves 17 de decembro, en horario de 9:15 a 10:15 horas, os martes e xoves.
As participantes deberán levar a súa propia esterilla e calcetíns antideslizantes.
A participación é gratuíta. As mulleres interesadas poden inscribirse a través do correo electrónico cim@baiona.gal ou chamando ao teléfono 986 357 554. Para formalizar a inscrición deberán facilitar o nome e os apelidos, o DNI e un teléfono de contacto.
Terán prioridade as mulleres empadroadas no municipio de Baiona.
Con esta proposta, o Concello de Baiona continúa impulsando, a través de Baiona Lila, iniciativas orientadas ao benestar, á saúde e á autonomía das mulleres, incorporando espazos para o autocoidado e a promoción de hábitos de vida saudables.





