
A actividade, gratuíta e dirixida a mulleres, forma parte da programación Baiona Lila da Concellería de Igualdade e contará con 20 prazas.
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade, abre o prazo de inscrición para o obradoiro «Movemento para a autonomía vital: desmitificar o cansazo», unha proposta orientada a promover o benestar das mulleres, o autocoidado e a autonomía persoal.
A actividade será impartida por Natalia Gantes e ten como obxectivo comprender a orixe das dores cotiás, evitar que o cansazo físico se interprete como unha responsabilidade individual e achegar ferramentas prácticas, sinxelas e seguras para coidar a saúde ósea e muscular ao longo da vida.
O obradoiro ofrecerase en dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, para facilitar a participación das mulleres con diferentes dispoñibilidades horarias:
Quenda de mañá
- No Multiúsos de Sabarís, do mércores 4 de novembro ao mércores 16 de decembro, os mércores e venres, de 9:30 a 11:00 horas.
Quenda de tarde
- No Centro Ángel Bedriñana, do martes 3 de novembro ao xoves 17 de decembro, os martes e xoves, de 18:30 a 20:00 horas.
As participantes deberán levar a súa propia esterilla.
O obradoiro é gratuíto e conta con 20 prazas por edición . Terán prioridade as mulleres empadroadas no Concello de Baiona.
Inscricións
As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 986 357 554 ou escribindo a cim@baiona.gal. Para formalizar a inscrición deberán facilitar o nome e apelidos, o número do DNI e un teléfono de contacto.
Con esta iniciativa, o Concello de Baiona continúa impulsando accións para favorecer o benestar das mulleres, a prevención e o autocoidado desde unha perspectiva de igualdade e autonomía persoal.
Concello de Baiona





