O Concello de Baiona está a iniciar a través da Área de Igualdade, coa colaboración e asesoría técnica de SENES Desenvolvemento Comunitario, o proceso de avaliaión do Iv Plan de Igualdade e a elaboración do V Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello (PIOM).
A avaliación e a elaboración dun Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal é un proceso participativo que necesita de achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas. Tratando de realiazar tanto un diagnóstico, como un documento real que sirva de base para a verdadeira transformación social da sociedade de Baiona e contribúa de maneira efectiva tanto á mellora da calidade de vida das mulleres e homes do municipio, como a optimizar os recursos existentes para a consecución da igualdade.
Neste marco de colaboración, as opinións da cidadanía de Baiona son de gran importancia, por este motivo, desde a Concellería de Igualdade, dirixida por Sheila González Martíns, o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña e a concelleira, solicitan a colaboración nesta fase de diagnose a través do cumprimento dunha enquisa que servirá como punto de partida.
Dita enquisa deberase enviar antes do día 31 de outubro de 2023.
Para participar, por favor, prema na ligazón inferior:
http://senescit.es/estudios/index.php?sid=79826&lang=gl
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal