
O programa está subvencionado pola Deputación de Pontevedra no marco da segunda liña do Plan Mais Provincias 2026
O concello de Baiona presenta “Baiona Lila”, un completo programa de actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, con propostas dirixidas a todos os públicos e que combinan música, humor, teatro e actividades educativas, reafirmando o seu compromiso coa igualdade e a sensibilización social.
A programación comezará o venres 6 de marzo ás 13.00 horas no Multiusos de Sabaris cun acto institucional acompañado de música e que contará coa participación do alumnado que cursa sexto no centro educativo de educación primaria de Sabaris, que servirá como punto de encontro para lembrar que a “Igualdade se constrúe” e poñer en valor os avances conseguidos en materia de igualdade.
O domingo 8 de marzo, coincidindo coa xornada conmemorativa, terá lugar a Gala Cirqueira ás 17.00 horas no Multiusos de Sabaris, un evento dirixido a público familiar, a partir dos 3 anos que contará con algunhas das mellores artistas galegas de ciclo e clown.
A sensibilización chegará tamén aos centros educativos e a todas as etapas: o 9,10 e 11 de marzo, o IES Primeiro de Marzo e o CPI Cova Terreña, acollerán para o alumnado de secundaria a representación de “Subterránea“, unha peza escénica de Mónica Sueiro, que recupera e reivindica a memoria de artistas silenciadas pola historia do arte, Bea Campos, de Migallas Teatro, achegará a todos os centros en que se imparte segundo ciclo de educación infantil a sesión “Violeta non para quieta“ na que se narrarán: A pequena e grande Frida Kahlo, píta xefa e as princesas tamén se tiran pedos.
O 17 de marzo, a galescola de Baiona acollerá a sesión Contos da ratita fachendosa, unha sesión de contos con música baseada na maxia da coñecida historia da ratiña fachendosa, un clásico da literatura infantil. Nesta adaptación, dáselle unha nova mirada aos roles tradicionais.
Do 23 ao 27 de marzo chegará a todos os centros educativos de educación primaria a “Oca Xigante da corresponsabilidade” unha actividade de carácter lúdico que busca normalizar e fomentar a corresponsabilidade no fogar por medio do xogo, e construír futuras xeracións nas que diferenzas entre homes e mulleres redúzanse, e a corresponsabilidade sexa unha realidade na maioría dos fogares.
O programa continuará con formación dirixida a mulleres en tecnoloxías esenciais, que integra tres talleres: Fotografía Creativa co teléfono móbil, Chave365 e aplicacións de Google no teléfono movil e o taller Aplicacións de Google no teléfono móbil II teléfono Móbil II, que se desenvolverán os venres de 11.00 a 13.00 horas
Natalia Gantes dirixirá o taller de coidado persoal, unha formacion práctica para unha saúde integral, que comezará o luns 16 de marzo en horario de 10.30 a 12.00 horas, e executarase todos os luns ata o 15 de xuño.
Baiona Lila, continuará o venres 20 de marzo co show de monólogos de Arantxa Treus e Xasmín Abuín, MEIGAGs, no Multiusos de Sabaris ás 20:00 horas, que achegará unha mirada crítica e en clave de humor sobre a realidade social e a igualdade.
O domingo 22 de marzo ás 12.30 horas, Pérez&Fernández, achegarannos o espectáculo de narración oral Rosa e Azul, dirixido ao público familiar a partir de tres anos que queira gozar das novas narrativas da literatura infantil.
Finalmente, o domingo 29 de marzo ás 17. 00 horas o Multiusos de Sabaris acollerá o espectáculo “Iriña bailarina” de Teatro dúas Gazafelhos, unha proposta dirixida a público familiar, recomendada a partir dos tres anos, para reflexionar sobre a igualdade de xénero e o cambio de roles e os estereotipos sociais.
Concello de Baiona





