O Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade, presenta este venres 3 de novembro ás 19:30h no Multiusos Mercado de Sabarís a programación “Baiona Lila” e inaugura a exposición “Ti contas, ti transformas”.
Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona convídase a veciñanza baionesa a coñecer con detalle este venres a programación “Baiona Lila”, a programación organizada polo Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade,co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no municipio.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal