O Multiusos de Sabarís acollerá os vindeiros sábado 2 e domingo 3 de abril, o programa ELAS EMPRENDEN . Organizado pola Concellería de Igualdade co centro de información á muller no marco da Primavera Lila, é subvencionado pola Deputación de Pontevedra.
ELAS EMPRENDEN é un escaparate feiral para actividades de empresa lideradas por mulleres que desenvolven o seu traballo no Concello de Baiona principalmente. Os obxectivos entre outros son promover a igualdade de oportunidades, darlle visibilidade ao talento do liderado feminino, xerar oportunidades de promoción e recoñecemento ás protagonistas.
O programa de actividades está aberto ao público en xeral e conta con encontros coas protagonistas, música en directo, talleres, teatro e unha pasarela de moda.
A Concelleira de igualdade Yasmina Moreira sinala: “Este é un proxecto no que participan mulleres emprendedoras de distintos ámbitos, un espazo para crear redes e fortalecer o empoderamento da muller. O mesmo tempo damos visibilidade o talento e creatividade das mulleres participantes, ofrecendo o público asistente experiencias moi interesantes que non deixarán a ninguén indiferente”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal