Un total de 12 baionesas participan no taller de arte terapia” Ti creas, expresas, contas:Ti transformas”. Dirixido a mulleres co obxectivo de promover o desenvolvemento da creatividade e da capacidade de expresión desde un espazo de reflexión asi como fomentar a resiliencia.
A actividade é gratuíta e desenvolverase no multiusos de Sabaris no mes de outubro: O 10,17,19,24,26 e 31 en horario de mañá de 10:00 a 13: 00 h.
O taller é coordinado e impartido pola artista Irene Silva, que xunto coas alumnas participantes elaborará unha mostra colectiva que visibilice a importancia da participación para alcanzar obxectivos sociais.
A arteterapia é unha disciplina pola que, usando materiais das artes plásticas, favorece o proceso de reflexión e desenvolvemento persoal a través do proceso creativo e de expresión artística. Realízanse actividades plásticas para conseguir relaxación, conciencia corporal, afrontamiento de #o #estrés e da ansiedade. Trabállase o autoconcepto, a autoimagen e autoestima, incrementando a motivación e a enerxía vital entre outras moitas cousas. En definitiva, conseguir un desenvolvemento persoal por medio da arte.
A Concelleira de Igualdade, Sheila González Martins, acudiu ao acto de presentación e inicio do curso para dar a benvida ás participantes á primeira hora desta mañá. Trátase dunha actividade realizada a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Baiona pertencente á Concellería de Igualdade.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal