
Ábrese o prazo para solicitar participar en calquera dos seguintes obradoiros que integran o programa
O Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, organiza diferentes obradoiros enmarcados no V Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mujeres e Homes de Baiona (2024-2029), na área de promoción económica e emprego, empoderamento e participación social das mulleres, que buscan fomentar a participación das mulleres en actividades formativas de alfabetización dixital e formación en TICs coa finalidade de romper coa fenda dixital existente entre mulleres e homes, o illamento e fomentar a participación social e económica deste colectivo.
O obxectivo da formación é facilitar o avance das mulleres no mundo tecnolóxico diminuíndo a fenda dixital existente entre mulleres e homes. Dirixidos mulleres maiores de 18 anos con coñecementos básicos no manexo do móbil (Android).
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CREATIVA CO TELÉFONO MÓBIL” do noso smartphone (Android). O obxectivo específico é proporcionar coñecementos e habilidades para sacarlle máis partido a cámara de fotos do noso smartphone (Android) e así poder realizar fotografías de calidade, almacenalas e gozar do proceso creativo. A duración do taller é de 10 horas que se distribuirán en cinco sesións de dúas horas: do venres 13 de marzo ao 17 de abril (excepto o 3 de abril por festividade), os venres de 11.00 a 13.00h.
OBRADOIRO “Chave365 E APLICACIÓNS DE GOOGLE NO TELÉFONO MÓBIL”. O obxectivo específico é proporcionar as habilidades necesarias para realizar trámites coa administración autonómica a través do smartphone (Android). A duración é de 10 horas distribuídas en sesións de dúas horas Do 24 de abril ao 29 de maio, os venres de 11.00 a 13.00h.
OBRADOIRO “APLICACIÓNS DE GOOGLE NO TELÉFONO MÓBIL II”. O obxectivo específico é coñecer aplicacións e máis ferramentas Google que poden facilitar o día a día das mulleres participantes. A duración da actividade é de 8 horas, distribuídas en 4 sesións: do 5 ao 26 de xuño, os venres de 11.00 a 13.00h.
A formadora dos obradoiros é Uxia Cazorla, que conta con experiencia como formadora impartindo obradoiros de informática, alfabetización dixital e manexo do móbil, que contará coa docente auxiliar Vanesa García, con experiencia en dinamización de espazos dirixidos a mulleres.
Todos os obradoiros son gratuítos. Están subvencionados pola Deputación de Pontevedra no marco da liña dúas do Plan Maís Provincia 2026 e para inscrición e información poden dirixirse ao CIM de Baiona ou a través da dirección electrónica cim@baiona.gal ou contactar no teléfono 986357554.
Concello de Baiona





