
A concellería de igualdade do Concello de Baiona, abre o prazo para participar no programa Mantente activa, que se desenvolverá no Multiusos de Sabaris durante este mes de marzo.
O programa integra as seguintes clases:
Chi-out (fusión de taichi e ioga), a combinación perfecta de acción, relaxación e concentración.
Hip-hop fit, que combina o exercicio físico co baile, utilizando ritmos e movementos do hip-hop para crear unha experiencia divertida.
Ximnasia activa, unha clase deseñada co obxectivo de mellorar a mobilidade, a forza, a flexibilidade e o equilibrio.
Danza afrocubana, unha clase teórico-práctica para explorar a rica herdanza cultural de Cuba a través dos seus movementos e ritmos. Tratarase ademais a historia e o significado da danza afrocubana, a súa influencia na cultura cubana e a súa importancia na comunidade.
As actividades son gratuítas e realízanse coa colaboración da escola de baile de Baiona HuslingDance. Más información e inscrición, a través do teléfono 986 35 75 54 ou do correo electrónico cim@baiona.gal.
Concello de Baiona





