O Concello de Baiona a través da Concellería de Igualdade pon en marcha a campaña “STOP ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS”, unha campaña de sensibilización, instalando sinais similares ás de tráfico para concienciar contra as violencias machistas e mostrar tamén o compromiso do concello pola igualdade entre mulleres e homes e o seu rexeitamento á violencia de xénero.
O seu obxectivo principal é sensibilizar a toda a cidadanía e de todas as idades, sobre a necesidade de poñer freo ás violencias machistas, visibilizar que estas violencias seguen existindo e que é tarefa de todas e todos contribuír á súa desaparición,
Trátase da colocación en varios puntos do municipio dun sinal violeta, similar ás de regulación de tráfico co lema “STOP ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS”.
Para que a mensaxe chegue á cidadanía os sinais colocáronse entre outros espazos nos accesos aos centros educativos do municipio, nos accesos ás prazas de abastos de Baiona e Sabaris e no acceso ao pavillón municipal de deportes.
Concello de Baiona