
O Concello de Baiona, informa que aínda quedan prazas para participar no taller “ Aplicacións de Google no teléfono móbil” dirixido a mulleres unha actividade que se enmarca no programa de formación en novas tecnoloxías que vén desenvolvendo a Concellaría de igualdade, a través do CIM, desde marzo.
O obxectivo é coñecer aplicacións e máis ferramentas Google que poden facilitar o día a día das mulleres participantes. Desenvolverase os venres 5, 12,19 e 26 de xuño en horario de 11.00 as 13.00 horas.
Traballaranse os seguintes contidos:
– Drive: arquivar, organizar en cartafoles
– Google Lens: imaxes, traducións e lectura de transducciones
– Google Calendar: crear eventos, recordatorios e alarmas.
– Google Keep: notas, listas, recordatorios
– Práctica xeneral e dúbidas.
Aquelas mulleres interesadas en participar deben inscribirse no CIM de Baiona ou enviar ao correo electrónico cim@baiona.gal os seus datos privados e teléfono de contacto. Para máis información pode contactar no teléfono 986357554
Concello de Baiona





