
Casa do Reloxo: Viveiro de Empresas e Coworking
Rúa do Reloxo, 5
O Viveiro de empresas, fica na Casa do Reloxo no casco vello do Concello de Baiona, trátase dun edificio histórico que pertenece o Consorcio da Zona Franca de Vigo, ofrece seis oficinas e 38 postos de traballo nun espazo común, salas de reunións e servizos técnicos de apoio para a creación de empresas.
- 986 356 410
- Sitio Web
Multiusos Ángel Bedriñana
Rúa Carabela a Pinta, 9
O multiusos Ángel Bedriñana é un lugar de encontro e actividade comercial que acolle a praza de abastos de Baiona no andar principal; no soto dispón de aulas destinadas á formación; espazos de ocio, reunión e un auditorio de uso polivalente.
- 986 356 077

Oficina de Turismo
Rúa Arquitecto Jesús Valverde, s/nº
SERVIZOS
- Atención, asesoramento e información a turistas.
- Envío de material informativo turístico de Baiona a diferentes entidades privadas, asociacións, organismos públicos e feiras especializadas.
- Elaboración de estatísticas para a súa posterior utilización en estudos comparativos, etc.
- Actualización de paneis informativos con información puntual sobre actuacións, festas, etc.
Esta Oficina de Turismo pertence a Rede de Oficinas “Info Rías Baixas” e conta cunha subvención para a contratación de persoal, concedida pola Deputación de Pontevedra.

- 986 687 067
- oficinadeturismo@baiona.gal













