
Froito do convenio entre, Portos de Galicia , a fundación banco Sabadell e o Concello de Baiona
O espigón de “A Doca” é un símbolo para os veciños da nosa vila, barreira de protección para a pesca e para a propia Baiona, un lugar que mellorou a calidade de vida dos veciños e fortaleceu a Baiona como porto de acollida.
Un lugar de encontro e paseo que, durante xeracións está a ser un lugar de reunión entre os mozos onde, principalmente na época estival reúnense para relaxarse e relacionarse entre eles.
Durante as últimas semanas iniciouse o proceso de participación cidadá para recoller información que se lle achegará á artista quen será a encargada da realización do mural que permitirá mellorar a imaxe do dique. Dita restauración é froito do acordo de colaboración entre Portos de Galicia, o Concello de Baiona e a Fundación Banco Sabadell, que se asinou a mediados de xullo.
O mural de temática mariñeira, realizarase grazas á colaboración da Fundación Banco Sabadell e estase deseñando a través do devandito proceso de participación cidadá. O obxectivo é que o mural se poida converter nun punto de referencia cultural e artístico en Baiona, promovendo o coñecemento da tradición pesqueira e a contorna mariña. Esta colaboración reflicte o compromiso da Fundación Banco Sabadell coa cultura e as artes, revitalilzando un espazo que conecta tradición, territorio, benestar social e a conservación do medio mariño.
Realizáronse as primeiras reunións cos distintos colectivos e asociacións e veciños, co fin de recompilar a información cidadá que se lle achegará á artista e que permita concibir a obra que reflicta na cohesión social transgeneracional dos veciños de Baiona. Entre os colectivos que participaron destacan a Confraría de pescadores, Afaga, Monte Real Club de iates, Asociación Náutica Baía de Baiona, a Asociación de Viúvas, Amas de casa e persoas dedicadas ao mar entre outros. Case cincuenta persoas foron entrevistadas e participaron nestas primeiras sesións.
Tanto as institucións como o equipo técnico que lidera o estudo previo, valoran con entusiasmo os primeiros contactos e a participación cidadá, xa que son fundamentais para o desenvolvemento da obra que se realizará no espigón.
A finais deste mes de novembro terán lugar as seguintes sesións de traballo, neste caso con axentes culturais e deportivos de Baiona.
Concello de Baiona





