O Concello de Baiona e a confraría de pescadores “A Anunciada” asinan un protocolo de colaboración para protexer e garantir a festividade dos mariñeiros e as xentes do mar.
O vínculo entre a Virxe da Carmen e os pobos mariñeiros é un testemuño de fusión entre a Fe, a tradición e o modo de vida marítimo que se mantén inalterable ao longo dos séculos e demostra o profundo arraigamento que ten en Baiona.
Dada a importante vinculación mariñeira da nosa vila desde o concello quérese seguir dando apoio como vén facendo desde hai décadas por iso é unha responsabilidade das institucións implicadas preservar, protexer e garantir todos os actos que veñen celebrando en honra da patroa.
O alcalde aproveitou a ocasión para agasallar á entidade mariñeira coa bandeira oficial da mesma.
A firma foi realizada polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o Patrón Maior, Roberto Cabral Barra, quen resaltan a relación cordial, construtiva e colaboradora entre ambas as entidades.