
Xa está aberto o período de inscricións para poder participar na comparsa dos Xigantes e Cabezudos e no tradicional concurso de cucañas marítimas, que levarán a cabo na nosa vila con motivo da Festa da Anunciada 2025.
A comparsa dos Xigantes e Cabezudos, desfilará polas rúas do Centro histórico de Baiona o sábado 2 e o domingo 3 de agosto, con saída ás 11:00 h desde a Praza do Concello, e estará composta por dez cabezudos (A Ratiña, o Popeye, o Diaño, o Napoleón, o Negro, a Negra, o Pallaso de cabeza grande e o Pallaso de cabeza pequena, o Gato de cabeza pequena e a Bruxa de cabeza pequena) e dous Xigantes (o Rey e a Raíña), que bailarán ao son da música durante o percorrido, establecéndose os seguintes premios:Cabezudo (30 euros) e Xigante (150 euros).
As inscricións formalizaranse no rexistro do Concello de Baiona ou na súa sede electrónica ata o xoves 31 de xullo, sendo a idade mínima de participación os 12 anos cumpridos.
Por outra banda, o concurso de Cucañas Marítimas terá lugar o domingo 3 de agosto, ás 17:00 horas, no porto pesqueiro de Baiona. A organización establece dous tipos de premios: a Bandeira normal a 10 euros e a Bandeira especial a 20 euros.
Do mesmo xeito que na edición do ano anterior, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona colaborará patrocinando esta tradicional actividade da vila mariñeira. As inscricións formalizaranse no rexistro do Concello de Baiona ou na súa sede electrónica ata as 13:00h. do 1 de agosto, sendo a idade mínima de participación os 12 anos cumpridos.
Concello de Baiona
1. Anuncio aprobación bases Gigantes y Cabezudos La Anunciada 2025
2. Autorizacion menores comparsas Gigantes y Cabezudos La Anunciada 2025
3. Solicitud participación comparsa Gigantes y Cabezudos La Anunciada 2025
4. Anuncio aprobación bases concurso cucañas maritimas 2025
5. Autorización menores concurso de cucañas marítimas 2025
6. Solicitud particiapación Concurso de Cucañas Marítimas 2025





