O sábado 29 de Xuño o concello de Baiona o Club Subacuático Pérez sub en colaboración co concello celebran o Sexto open de pesca subacuática Vila de Baiona coa participación de máis de 50 deportistas chegados de toda Galicia e mesmo de comunidades como: Cantabria, Asturias e País Vasco.
A proba celebrarase en augas de Cabo Silleiro cunha duración de 5 h., finalizada a mesma, procederase á pesada no Paseo Ribeira entre as 16:30/17:00 para determinar aos vencedores .
Entre os participantes teremos á recente campioa absoluta de pesca submarina de España , Soraya Hermida , así como a terceira clasificada do mesmo campionato Isabel Arroyo Todas as capturas serán integramente doadas á ONG ” AXUDA Ao MUNDO NECESITADO”.
Desde o Concello queremos agradecer ao club a organización deste evento en augas da nosa vila.
Convidámosvos a todos a que asistades á pesada e admireis a calidade dos peixes das nosas augas. Rías Baixas sabe AMAR