
Os veciños de Baiona demostraron unha vez máis que a creatividade e o compromiso co medio ambiente poden brillar con luz propia
Hoxe, luns 29 de decembro, o xurado do Certame de Decoración de Adornos de Nadal tamaño mediano-xigante con materiais de reciclaxe 2025-2026, organizado polas Concellerías de Festexos, Medio Ambiente e Comercio do Concello de Baiona, reuniuse para deliberar e elixir as propostas gañadoras entre un conxunto de traballos cheos de imaxinación, cor e espírito do Nadal.
O certame, que contou con 10 participantes repartidos en dúas categorías, foi todo un éxito a nivel creativo. O xurado, formado por persoas destacadas do municipio vinculadas á historia local, a artesanía e o medio ambiente, valorou cada obra de forma individual atendendo a criterios como a orixinalidade, a innovación e a calidade decorativa, poñendo de relevo o gran esforzo e dedicación de todas as persoas participantes, resultando os seguintes premios:
Categoría A Asociacións culturais, sociais, deportivas, veciñais, comunidades de montes, augas, ANPAS e entidades rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións:
• 1º Premio (800 €): “Erichristmas”, do Erizana Club de Fútbol, con 14,10 puntos, unha proposta que conquistou ao xurado pola súa creatividade e posta en escena.
• 2º Premio (400 €): “Nadal de Luz”, do Baíña Fútbol sala, con 13,30 puntos, destacando pola súa orixinalidade e espírito festivo.
Categoría B Comercio e hostalería local, grupos informais e particulares:
• 1º Premio (800 €): para o grupo informal capitaneado por Lida Gallego Rouco, con “Baigalleta”, logrando a puntuación máis alta do certame con 15,69 puntos.
• 2º Premio (400 €): Miguel Ángel González Mesías, con “Tren de Nadal”, que obtivo 15,04 puntos.
• 3º Premio (200 €): para o grupo informal de José Manuel Carballal Rodríguez, con “Calendario de Advento”, con 13,77 puntos.
• 4º Premio (100 €): José Francisco González Pérez, con “Corazón de Nadal”, con 13,69 puntos.
• 5º Premio (100 €): Lucía Lorenzo Rodríguez, con “O Banco Do Nadal”, con 12,22 puntos.
Desde o Concello de Baiona quérese felicitar a todas as persoas participantes pola súa implicación e creatividade, así como agradecer o entusiasmo co que Baiona volveu a encher as súas rúas de adornos do Nadal sostibles, demostrando que o Nadal tamén pode ser responsable, orixinal e moi divertida.
Concello de Baiona





