
O Concello de Baiona organiza unha xornada de limpeza o vindeiro mércores, 22 de abril, Día Internacional da Nai Terra na praia de A Concheira.
Esta actividade terá lugar ás 17:30 horas e busca promover a conciencia ambiental e fomentar a participación activa da comunidade na protección da nosa contorna natural.
Desde o Concello de Baiona invítase a esta iniciativa de retirada de residuos nesta praia emblemática da localidade a todas aquelas persoas que queiran participar. Alén de realizar unha xornada de limpeza poderán desfrutar dun xornada de convivencia, aprendizaxe e concienciación sobre como protexer e coidar os nosos contorna natural.
O alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, sinala que “este tipo de celebracións deben facernos reflexionar como sociedade sobre a importancia de coidar e protexer a nosa contorna”. Ao respecto afirma que “todos podemos contribuír a manter o noso ecosistema en mellores condicións converténdonos en axentes do cambio”. “Baiona -declarou- continuará avanzando como unha sociedade respectuosa e sostible. Sempre tendo en mente a economía azul sinalando a importancia que ten este ámbito para Baiona. Con esta actividade reafirmamos a nosa preocupación pola protección e o melloramento do medio ambiente con miras a facer un mundo mellor”.
O Día Internacional da Nai Terra celébrase en todo o mundo cada 22 de abril para lembrarnos a importancia de coidar e preservar o noso planeta. É unha oportunidade para reflexionar sobre a fraxilidade do noso ecosistema e o impacto das nosas accións no medio ambiente.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal




