A rúa Elduayen de Baiona énchese de cor e de verde coas plantas e as árbores que o concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, plantou nunha das principais rúas da localidade.
Por unha banda, os operarios municipais planatron 22 árbores entre metrosideros e eugenias, cambiando así o aspecto da rúa ao colocar elementos verticais que a animen. O metrosideros é un desas árbores que produce gran cantidade de flores. Mentres que a Eugenia myrtifolia é un das árbores pequenas ou arbustos que con máis forza estánse a impoñer nas zonas verdes grazas á súa gran adaptabilidade e a súa beleza.
Ademais, tamén se colocaron 15 xardineiras nesta vía baionesa e na rúa Virxe do Pilar que dá continuidade á de Elduayen. Os traballos que se realizaron céntranse en acondicionar a terra, abonala e plantar as novas plantas. O tipo de flor utilizada é o cyclamen. O mantemento levarase a cabo polos operarios municipais que controlarán o abonado e a limpeza das malas herbas.
A Concellería de Medio Ambiente, á fronte de Rosa María Domínguez Roda, tamén plantou flores nas xardineiras do entrono de Santa Liberata. O tipo de flor utilizada nesta ocasión foron túas e cyclamen.