Tras o éxito o pasado outono da proposta de “Baiona Natural” o Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, márcase como obxectivo para 2022 fixar e potenciar as catro roteiros de sendeirismo que transcorren por todas as parroquias do municipio (Baíña, Baredo, Santa Cristina de de a Ramallosa e Belesar).
“Trátase dun recurso natural polo que o goberno local quere apostar para atraer visitantes en teporada baixa, ademais de para reforzar a oferta lúdica durante todo o ano. Tamén co obxectivo de poñer en valor o inmenso patrimonio natural das nosas parroquias”, sinala o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, á fronte tamén da Concellería de Turismo.
A iniciativa, bautizada como ‘Baiona Natural’ permitiu habilitar novos roteiros de sendeirismo entre as catro parroquias do municipio. Están adaptadas para público maior de 16 anos, a primeira das sendas denomínase “Chan da Lagoa-Baíña”, este roteiro terá como eixo principal descubrir a historia pasada da Villay visibilizar os vestixios que aínda podemos atopar. Ademas, quérese potenciar os roteiros de “Descubre Baredo”, “A Groba Panorámica” e “A Groba Montañosa”.
Catro roteiros os montes da localidade para poñer en valor a súa riqueza paisaxística e etnográfica. Un itinerario de camiños que permitirá os baioneses e visitantes poidan gozar dunha incrible variedade de lugares para practicar sendeirismo, pasear etc á vez que se enriquecen do amplo patrimonio da vila.
Os roteiros deseñados pola empresa Baiventura, empresa local que levará a cabo os percorridos, realizaranse no mes de abril, maio xuño e en setembro.
É necesaria a inscrición previa na oficina de turismo (no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal, ou por teléfono no 986 68 70 67). O prazo para participar no primeiro roteiro “Chan da Lagoa-Baíña”,que será o vindeiro domingo 3 de abril abrirase o martes 29 de marzo .
En canto ao resto de percorridos serán o domingo 15 de maio “Descobre Baredo”, o 19 de xuño “A Groba Panorámica” e o 11 de setembro “A Groba Montañosa”. Abrirase o período de inscrición 15 días antes de que se celebren. Por tanto, para a saída do 15 de maio as inscricións ábrense o día 2 de maio, para a 19 de xuño ábrese o día 6 e para a do domingo 11 de setembro ábrese o 29 de agosto.
Esta campaña enmárcase dentro da estratexia da A Concellería de Turismo de Baiona para reactivar o sector turístico na época post- COVID a través do ecoturismo. Deste xeito, compleméntase a oferta turística e cultural da localidade. Baioneses e visitantes poderán gozar dunha nova alternativa na que gozar do seu tempo libre.
Ruta1-“Chan da Lagoa-Baíña”-
A primea destas rutas ten por nome “Chan da Lagoa-Baíña” . Trátase dun percorrido de 10,5km circular deseñado para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da súa contorna. Esta ruta terá como eixo principal descubrir a historia pasada da Vila e visibilizar os vestixios que aínda podemos atopar. Terá unha duración aproximada de 3,5h, a súa dificultade é moderada e está recomendada para maiores de quince anos. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: Estación Arqueolóxica Outeiro dos Lameiros (petróglifos), o Camiño Medieval, panorámica Val Miñor, panorámica Bahía de Baiona, fervenza río San Cosme, merendero Chan da Lagoa.
Ruta 2-“Descobre Baredo”-
Ruta circular de 9,5km deseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando dun lugar privilexiado. Esta ruta terá como eixo principal dar a coñecer a vida dos baioneses e a repercusión que trouxo a Baiona o paso do Camiño de Santiago. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: Os muíños do río Fraga, o Facho, a fonte dos mortos, e a parroquia de Baredo.
Ruta 3- “A Groba Panorámica” –
Diseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da contorna panorámica da vila. A ruta de 7Km mostra a contorna marítima desde os mellores miradoiros do alto da Groba. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: miradoiro do Cortelliño, miradoiro Alto da Groba, A Gabiñeira, Granxa da Tomada, Fonte da Groba. Terá unha duración aproximada de 3h, a súa dificultade é moderada e está recomendada para maiores de quince anos.
Ruta 4- “A Groba Montañosa”-
Diseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da súa contorna. Esta ruta mostraranos as diferentes formacións e desniveis creados pola natureza e que dan forma a Serra da Groba. Terá unha duración aproximada de 3,5h, a súa dificultade é moderada e está recomendada para maiores de quince anos. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: A regueira Escura, Camiño Medieval, Calveiras, Floral da Groba, Pedra do Acordo, As Abrutias, Miradoiro Alto da Groba e Gabiñeira.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal