O Concello de Baiona alcanza un ano máis a categoría máxima de “Ouro” da rede de praias sen fume promovida pola Xunta de Galicia.
O seis areais da localidade, Ribeira, Barbeira, Concheira, Frades, Santa Marta e A Ladeira volven a revalidaron este distintivo.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, fixo entrega en Cabanas dos diplomas das categorías de ouro e de prata que anualmente outorga a Xunta de Galicia no marco da Rede Galega de Praias sen Fume. Ao acto acudiron a concelleira de Turismo, Sheila González Martíns, e o concelleiro do Mar, Joaquín López Goce.
A rede de praias sen fume naceu a consecuencia da iniciativa que en 2012 puxo en marcha o Concello de Baiona. En 2016 a Consellería de Sanidade á fronte de Almuiña como conselleiro, creou a rede, co obxectivo de estender a idea a todo o litoral galego e contribuír con ela a promocionar a saúde e a protección do medio ambiente.
O alcalde de Baiona e ideólogo desta iniciativa de compromiso cos hábitos saudables e o medio ambiente, cualifica este distintivo de importante e destaca que ”unha medida que se ideou en Baiona foi seguida por un gran número de municipios de todo Galicia e xa se está estendendo a outras moitas localidades de España”. Almuiña sinala que “se trata dun proxecto con gran acollida pola poboación pois se trata dunha medida de concienciación e non sancionadora. Significou un gran beneficio tanto para a fauna mariña como para a saúde dos nosos veciños, turistas e visitantes. Dotouse aos areais con cinceiros nas zonas de entrada das praias para que haxa unha gran convivencia entre fumadores e non fumadores. As 6 praias de Baiona son semiurbanas e dun ambiente moi familiar e entendemos que sobre todo para os máis pequenos, para que non se atopen ao xogar con cabichas, pero fundamentalmente polo fume tan prexudicial e nocivo para a saúde”, matizou. O rexedor aproveita para lembrade que as praias son referente en varios aspectos “praias sen fume, bandeiras azuis, todas as súas praias teñen selo SICTED e accesibilidade…”
Froito do interese e a gran acollida desta iniciativa o alcalde de Baiona participou como relator, por ser o creador desta iniciativa, onte no O ‘2º Congreso Internacional Bandeira Azul: sustentabilidade, saúde e seguridade coorganizado por ADEAC co Concello de l’Alfàs do Pí (Alacante) e Gandía (Valencia), que se celebrou nas instalacións da Casa da Cultura de l’Alfàs.
O obxectivo principal de congreso é compartir experiencias e exemplos dun turismo sostible . No congreso contarase coa participación directa de 48 persoas en representación de entidades públicas e privadas, das que 43 relatoras (catedráticos, profesores, investigadores, alcaldes, concelleiros, técnicos, expertos) presentarán traballos relacionados con 4 bloques de contidos: Sustentabilidade: Xestión integral de dunas e pradarías de fanerógamas mariñas, e xestión sostible do medio mariño. Saúde e accesibilidade en praias. Seguridade e Socorrismo. Educación Ambiental: Presentación de experiencias e exemplos prácticos de actividades.
A iniciativa comezou en Baiona en 2012 cando o ex Conselleiro de Sanidade e actual alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, era alcalde da localidade por aquel entón. Baiona foi o primeiro concello de Galicia, e un dos poucos de España, en vetar o tabaco nalgunhas das súas praias. A iniciativa arrincou en 2012 na Ribeira e, tras o éxito de aceptación entre os bañistas, estendeuse aos areais da Barbeira, Vos Frades, A Concheira e ao resto de areais.
Este 2016 a consellería decidiu tomar a testemuña de Baiona, exportar esa idea a outras praias de Galicia e impulsar un proxecto novo: unha rede galega de praias sen fume, é dicir, sen tabaco.
Entre as razóns para escoller unha praia sen fume, Sanidade sinala que cada vez que prendemos un pitillo estamos a pór en risco a nosa saúde e a do que están connosco. Non podemos esquecer que o consumo de tabaco é a primeira causa de morbilidad e de mortalidade evitable. Non fumar na praia é un paso máis para conseguir unha sociedade sen tabaco para todos e entre todas.
Almuiña lembra que é responsabilidade de todos contribuír a desnormalizar o consumo do tabaco da nosa sociedade. Así, o noso posicionamento e a nosa forma de actuar fronte ao tabaco debe ser claro e ejemplarizante. A nosa mocidade ten que ver que o normal é non fumar. A praia é un lugar lúdico para gozar da familia, da parella, da natureza, e onde o fume do tabaco non ten cabida, sendo totalmente prescindible.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal