
O Concello de Baiona, en colaboración co CEIP Fontes-Baiña, o Club de Iates Monte Real e a Galicia 52 Súper Series, organizaron unha mañá chea de concienciación e compromiso co noso planeta.
Os nenos tiveron a oportunidade de visitar os veleiros participantes na Galicia 52 Súper Series xunto aos regatistas que realizan a proba, aprender sobre sustentabilidade nunha charla educativa e, para pechar a xornada, realízase unha recollida de residuos na praia Ribeira dentro do marco “Basuraleza”, unha actividade que promove a conciencia ambiental e o respecto pola nosa contorna, exemplificando os valores do deporte e o coidado do planeta.
Desde o Concello de Baiona queremos resaltar a elaboración destas actividades que promoven a educación cívica dos nenos da nosa vila en actividades de concienciación e agradecer a todas as entidades que colaboraron para facer posible esta iniciativa, reafirmando o compromiso cun futuro máis sostible.
Concello de Baiona





