O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, está a ultimar os preparativos para o 1 de novembro, Día de Todos os Santos, e o 2 de novembro, Día dos Defuntos, no Cemiterio Municipal de Baiona.
Nestas semanas previas, intensifícanse os labores de mellora e acondicionamento que se realizan durante todo o ano para garantir que o camposanto estea a punto e que a veciñanza poidan honrar ás súas ser queridos nunha data tan sinalada.
En relación aos traballos levados a cabo consisten no decapado as beirarrúas do campo santo actuando para erradicar a sucidade máis incrustada. Os traballos de limpeza están a levarse a cabo coa axuda de maquinaria especializada na limpeza destas características. Tamén se están levando a cabo diferentes traballos de xardinería.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal