O Concello de Baiona informa de que o incendio na parroquia de Baiona foi estabilizado ás 00:53 h. da madrugada deste sábado. O lume orixinouse ás 00,39 h. da madrugada deste venres, 15 de xullo. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de contorna de 50 hectáreas. No seu control levan traballaron en total 1 técnico, 5 axentes, 13 brigadas, 10 motobombas e 1 pa.
A primeria hora da mañá produciuse o cambio de turno dos reténs que estiveron pedentes do incendio toda a noite. Durante toda a xornada de hoxe os brigatistas que acaban de comezar os seu turno, realizarán labores para refrescar e arrefriar a superficie queimada e para controlar posibles rebrotes.
A Xunta de Galicia envíou motobombas e un tráiler cisterna. Pola súa banda o Concello de Baiona, puxo ao dispor dos efectivos un camión cisterna e unha pa que estivo realizando traballos de cortafogos, execuntándose rozas, podas ou rareos, para interromper a continuidade da vexetación naqueles lugares especialmente adecuados a continuidade do lume que devastaba o monte baionés. O GES do Val Miñor desprazou efectivos á zona e o seu camión.
Na madrugada do venres foron desaloxadas 8 vivendas pero a veciñanza xa está de volta na súas casas. Por fortuna, non houbo que lamentar daños persoais nin materiais.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, informa á primeira hora deste sábado que o incendio declarado este venres «segue baixo control» e precisou que a intensidade do vento descendeu así como as temperaturas, co que tamén diminuíu o risco de que se reavive o lume. Aínda así, mantéronse durante toda a noite de onte reténs constantes de bombeiros e de persoal da Garda Civil, xa que a superficie queimada non incendio é ampla e pode ser necesario continuar con labores de remate. «Debemos estar en alerta máxima», explica o rexidor.
Por outra banda, o mandatorio baionés quere volver a agradercer en nome da localidade de Baiona o traballo e a entrega dos servizos de extinción de incendios, ao GES do Val Miñor, á Policía Local de Baiona, Garda Civil, Protección Civil Val Miñor e os operacirios municipaís que traballaron sobre o terreo en combater o lume que devastaba a parroquia de Baredo, así como a resposta “solidaria, rápida e desinteresada” dos baioneses e baionesas.
O rexedor eloxia o labor de todas as institucións, colectivos, veciños e veciñas afectadas polo incendio “que mostraron a súa solidariedade prestando a súa axuda de maneira voluntaria, dando exemplo de altura, consecuentes coa transcendencia dos feitos acontecidos no noso municipio”.
Desde o Concello de Baiona e a Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal