O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, lembra aos propietarios de leiras que deben proceder á limpeza dos terreos co fin de previr e evitar o risco de incendios.
Os propietarios deberán manter “nas mellores condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e limpeza das súas parcelas acorde á normativa vixente”.
En caso de incumprimento “executarase de forma subsidiaria con repercusión dos custos ás persoas responsables e coa imposición das sancións correspondentes”.
Dacordo con a lexislación aplicable (Lei 3/2007 do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia) os titulares de terreos forestais deben xestionar a biomasa vexetal de acordo aos criterios estipulados nesta lei e manter unha franxa de 50 metros perimetral ao chan urbano, de núcleo rural e urbanizable, ao redor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalación industriais a menos de 400 metros do monte, ao redor das edificacións illadas no chan rústico.
Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros, non poderá haber árbores pirófitas como por exemplo o eucalipto, piñeiro do país, acacias…
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal