O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, lembra aos propietarios de leiras que deben proceder á limpeza dos terreos co fin de previr e evitar o risco de incendios.
Os propietarios deberán manter “nas mellores condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e limpeza das súas parcelas acorde á normativa vixente”.
En caso de incumprimento “executarase de forma subsidiaria con repercusión dos custos ás persoas responsables e coa imposición das sancións correspondentes”.
Dacordo con a lexislación aplicable (Lei 3/2007 do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia) os titulares de terreos forestais deben xestionar a biomasa vexetal de acordo aos criterios estipulados nesta lei e manter unha franxa de 50 metros perimetral ao chan urbano, de núcleo rural e urbanizable, ao redor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalación industriais a menos de 400 metros do monte, ao redor das edificacións illadas no chan rústico.
Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros, non poderá haber árbores das siguiuentes especies: Piñeiro galego, piñeiro do país, piñeiro silvestre, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrey, piñeiro de oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, queiruga, xesta, carpaza, fento, silva e toxo.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal