A natureza e o ecoturismo son as bazas coas que Baiona aposta para reflotar o turismo na época post-COVID. A incidencia da pandemia e o cambio de hábitos e destinos turísticos fan que o turismo natural cobre especial relevancia nun ano en que o turismo inicia a súa recuperación e Baiona quere subirse a este tren.
Rutas a pé polas distintas paraxes naturais da localidade conforman a oferta para o turismo, situando a Baiona no mapa deste tipo de turismo tan en auxe nos últimos anos.
A Concellaría de Turismo de Baiona tenta reactivar o sector turístico a través do ecoturismo coa posta en marcha de catro rutas que veñen complementar a oferta turística e cultural da localidade. Baioneses e visitantes poderán gozar dunha nova alternativa na que gozar do seu tempo libre.
Un turismo que, como apunta o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, ten o seu espazo propio na provincia desde hai anos, aínda que cobra especial relevancia nun ano en que os usuarios volven as súas miradas ao mundo rural e as paraxes naturais.
Distintas rutas que apostan por un turismo sustentable e respectuoso co Medio Ambiente.
A proposta de “Baiona Natural”: “é un aliciente máis para que os turistas que elixan o noso municipio, pasen a noite e alarguen a súa estancia en Baiona. Falamos dun servizo complementario que se engade á oferta turística coa que xa contamos e que contribúe a ampliar as experiencias que propomos ao turista” sinala o rexedor.
O alcalde, subliña que “o obxectivo que queremos alcanzar con estas rutas é poñer en valor os espazos naturais máis próximos e inmediatos cos que contamos os baioneses e baionesas e afianzar ao mesmo tempo percorridos de gran interese turístico. Esta é unha clara aposta polo turismo activo e a conectividade do núcleo co seu territorio, ademais dun novo atractivo para o turista potencial, que disporá de novos alternativas no destino do noso municipio”.
Catro rutas polos montes da localidade para ppñer en valor a súa riqueza paisaxística e etnográfica. Un itinerario de camiños que permitirá os baioneses e visitantes poidan gozar dunha incrible variedade de lugares para practicar sendeirismo, pasear etc á vez que se enriquecen do amplo patrimonio da vila.
AS rutas deseñadas pola empresa Baiventura, empresa local, realizaranse durante 4 domingos seguidos, comezando o vindeiro domingo 17 de outubro e finalizando o 7 de novembro.
“A idea é difundir estas rutas de sendeirismo, para poñer en valor o patrimonio natural do municipio. Foron deseñadas, creadas, marcadas e van ser guiadas, gratuitas nesta ocasión, por esta empresa especializada. O compromiso que lle pedimos é que se poidan consolidar e síganas realizando eles directamente, ampliando deste xeito o catálogo do destino Baiona e da marca “Baiona engánchache “ detalla o rexedor.
“Catro rutas que transcorren por todas as parroquias do noso municipio (Baíña, Baredo, Santa Cristina de da Ramallosa e Belesar) co obxectivo de poñer en valor o inmenso patrimonio natural das nosas parroquias. Uns espazos que debemos mostrar orgullosos ao mundo e presumir da súa beleza, sempre facendo un uso responsable destes magníficos espazos naturais”, finaliza Gómez Prado.
As rutas levaránse a cabo seguindo as medidas de prevención necesarias e cumprindo coa normativa vixente.
O número de asistentes será reducido polo que é necesaria a inscrición previa na oficina de turismo (no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal, ou por teléfono no 986 68 70 67).
Baiona Natural- 4 rutas para promocionar Baiona.
Ruta1-“Chan dá Lagoa-Baíña”- 17 outubro
A primea destas rutas ten por nome “Chan dá Lagoa-Baíña” . Trátase dun percorrido de 10,5km circular deseñado para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da súa contorna. Esta ruta terá como eixo principal descubrir a historia pasada da Vila e visibilizar os vestixios que aínda podemos atopar. Terá unha duración aproximada de 3,5h, a súa dificultade é moderada e está recomendada para maiores de dezaseis anos. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: Estación Arqueolóxica Outeiro dos Lameiros (petróglifos), o Camiño Medieval, panorámica Val Miñor, panorámica Bahía de Baiona, fervenza río San Cosme, merendero Chan da Lagoa. O punto de encontro será no merendero de Chan da Lagoa ás 09:30 horas para inciar a ruta ás 10:00h e finalizala ás 14:00h.
Ruta 2-“Descobre Baredo”- 24 outubro
Ruta circular de 9,5km deseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando dun lugar privilexiado. Esta ruta terá como eixo principal dar a coñecer a vida dos baioneses e a repercusión que trouxo a Baiona o paso do Camiño de Santiago. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: Os muíños do río Fraga, o Facho, a fonte dos mortos, e a parroquia de Baredo.
Ruta 3- “A Groba Panorámica” – 31 outubro
Diseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da contorna panorámico da vila. A ruta de 7Km mostra a contorna marítima desde os mellores miradoiros do alto da Groba. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: miradoiro do Cortelliño, miradoiro Alto da Groba, A Gabiñeira, Granxa da Tomada, Fonte da Groba. Terá unha duración aproximada de 3h, a súa dificultade é moderada e está recomendada para maiores de dezaseis anos.
Ruta 4- “A Groba Montañosa”- 7 noviembre
Diseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da súa contorna. Esta ruta mostraranos as diferentes formacións e desniveis creados pola natureza e que dan forma a Serra da Groba. Terá unha duración aproximada de 3,5h, a súa dificultade é moderada e está recomendada para maiores de dezaseis anos. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: A regueira Escura, Camiño Medieval, Calveiras, Floral da Groba, Pedra do Acordo, As Abrutias, Miradoiro Alto dá Groba e Gabiñeira.
Cartel General Rutas Senderismo (2)
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal