A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona recorda que este domingo 18 de xuño (incluído) finaliza o prazo para solicitar autorización para os veciños e veciñas que queiran realizar fogueiras o día de San Xoan.
As persoas interesadas terán que realizar as solicitudes a través do rexistro xeral de entrada do Concello de Baiona en horario de 09:00h-14:00h. Tamén se poderá realizar a solicitude a través dunha instancia xeral na sede electrónica da páxina web municipal www.baiona.gal
Na folla de solicitude deben indicar unha serie de datos persoais, como nome da persoa solicitante, DNI, teléfono…así como indicar a localización na que se realizará a fogueira.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal